Escoitar

A Disco Light celebra este sábado a Festa da Golosina

Os mozos e mozas de Vigo poderán gozar este sábado dunha xornada doce na Disco Light, na SalaA! (Avda. Beiramar, 113). Neste espazo, de 18.00 a 21.00 horas, celebrarase a Festa da Golosina, na que os asistentes poderán degustar unha ampla variedade de gominolas e similares, que se lles entregarán gratuitamente ao adquirir a entrada. A entrada custa 5 euros e da dereito a dúas consumicións.

venres, 9 nov 2007
A Disco Light conta co apoio da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo, que quere con esta iniciativa pór á disposición dos mozos e mozas espazos lúdicos e de diversión seguros e saudables. A Disco Light é un espazo libre de fume e alcohol.

Para máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31), tfno. 986 294 806 e
www.xuventudevigo.org.