Escoitar
Festas e Animación Sociocultural

Concurso de comparsas do Entroido 2007

<br />

venres, 2 feb 2007
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou, con data 29 de xaneiro, as bases do concurso de comparsas do Entroido 2007 que se celebrará os días 17 e 21 de febreiro. Por este motivo, comunícaselles a todas as persoas interesadas que o prazo de presentación das inscricións finalizará ás 13.30 horas do día 8 de febreiro.

As bases do concurso e as solicitudes de inscrición están á disposición dos/as interesados/as no servizo de Información da lonxa do Concello e na páxina web www.vigo.org.