Escoitar

Visita da concelleira de Participación ao Centro Cultural de Valadares

A concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias , visita esta tarde o Centro Cultural de Valladares onde o Concello ven de realizar obras de mellora durante o ano 2005 e 2006.

mércores, 27 dec 2006
No ano 2005 realizouse a primeira fase para dotar de butacas ao auditorio cun presuposto de 30.000.000 euros.

Durante este ano 2006 procedeuse á adxudicación do concurso para subministración de mobiliario para o Auditorio do Centro Cultural de Valadares en sesión de Xunta de Goberno Local o 20 11/2006 e para a dotación de butacas do auditorio por 64.460,00 € e maquinaria e vestiario escénico por 54.700,00 €

Por outra banda o pasado mes de setembro asinouse un convenio de cooperación cultural entre a Xunta de Galicia e o Concello de Vigo, para a realización de infraestructuras culturais no que se inclúe telefonía, mobiliario diverso, proxector auditorio, cableado, videovixilancia e equipos informáticos cun investimento de 49.979,97 € e o proxecto de tramitación para enganche da corrente eléctrica por 60.000,00 €

Outras áreas nas que o Concello inviste na zona é na piscina cuberta de Valadares que conta cun presuposto de 839.954,30 €