Aprobado o proxecto de humanización da rúa Chile
O Goberno municipal aprobou o proxecto de humanización da rúa Chile, no que o Concello investirá 237.458 euros. As obras de mellora da rúa contrataranse polo procedemento de concurso público.
O proxecto prevé o ensanche das beirarrúas ata deixar unha calzada de 4 metros de anchura pavimentada con lastros. Crearanse dársenas de carga e descarga, renovarase a rede de saneamento e instalaranse as conduccións doutros servicios. No proxecto inclúese tamén a supresión de barreiras arquitectónicas e a plantación de árbores.
O Concello distribuirá 72.000 euros entre as asociacións de mulleres
A Comisión de Goberno aprobou as bases da convocatoria de subvencións que organiza a Concellería da Muller. Este ano destinaranse 72.121 euros a financiar programas elaborados por asociacións de mulleres da nosa cidade sen ánimo de lucro. O obxectivo das axudas é colaborar en proxectos de fomento do asociacionismo feminino e en actividades dirixidas a facilitar a igualdade de oportunidades.