Tres representacións pechan a programación ”Vigo a Escena ” do mes de febreiro
A iniciativa da concellería de Festas e Animación Sociocultural VIGO A ESCENA porá esta fin de semana o punto final á programación do mes de febreiro, con actuacións no Auditorio Municipal, en San Paio de Navia e Bembrive, respectivamente.
O sábado serán dúas as representacións: “Tres de Ionesco”, do Teatro Aforo, ás 20,30 horas no Auditorio Municipal: e “Cheiro de estrelas II”, de Fulano, Mengano e Citano, á mesma hora na Asociación de Veciños “Emilio Crespo” de San Paio de Navia.
“Tres de Ionesco” é unha representación de tres obras curtas de Eugene Ionesco: “Escena para catro actores”, “Los saludos” e “La cantante calva”.
“Cheiro de Estrelas II” crearán para nós unha imaxinaria Televisión de Jalisia (T.V.J.), na que se emite o programa “Cheiro de Estrelas”, no que o público chega en carro de bois, camiño de ferro, furgón DKV e similares medios de locomoción. As autoridades, como non, chegan en coches oficiais de cor negra e cristais afumados.
Xa o domingo a obra a representar será “Papá e mamá están ben”, a cargo do grupo Avento, ás 20,30 horas, na Sociedade Cultural e Deportiva “Helios” de Bembrive.
“Papá e mamá están ben” relata a historia de varios irmáns que teñen que decidir cal deles se vai facer cargo dos seus pais. A obra ten un final sorprendente, xa que ningún dos irmáns está disposto a asumir a responsabilidade.