Escoitar

O documento de diagnose do Pxom recolle dez propostas estratéxicas para incluír no debate sobre o novo plan

mércores, 20 feb 2002
imx1113.jpg
O equipo redactor do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo presentoulle aos grupos municipais o Documento de Información, Diagnose e Obxectivos, paso previo á elaboración do Avance do Planeamento. Este documento, que analiza en profundidade a situación urbanística da cidade, será a base sobre o que se establecerá o debate entre os interlocutores sociais.

O documento reflexa os obxectivos estratéxicos que debe cumprir o futuro PXOM e inclúe dez propostas concretas de ordenación urbanística que constitúen a primeira aposta conceptual dos redactores do Plan.

Esas dez propostas son as seguintes:

1. Peche do Cinto Litoral – Unión mediante un túnel de Guixar con Bouzas.
2. Creación da Ronda de Vigo – Construcción dun enlace viario dende Comesaña a Teis que se convirta en alternativa ao tráfico polo centro da cidade.
3. Transformación do primeiro cinto en vial urbano.
4. Transformación da estrada da Universidade nunha avenida parque.
5. Urbanización e humanización da Avda. de Madrid apoiando a transformación paulatina das actividades industriais situadas na beira en usos de carácter terciario.
6. Reordenación do barrio de Teis – Transformación da ETEA en centro dotacional, construcción de novos accesos á autoestrada, depresión do ferrocarril…
7. Reordenación de espacios públicos no Porto – ampliación da praza do Berbés ata o mar e rehabilitación do contorno do futuro Pazo de Congresos.
8. Construcción dunha estación intermodal – a creación dunha estación pasante permitiría facer máis espacios de uso público no centro da cidade.
9. Rexeneración do Calvario.
10. Redacción dun Plan Especial para rcuperar o centro da cidade.

Todas estas propostas serán obxecto de debate durante o proceso de redacción do PXOM. No documento inicial presentado polo equipo redactor sinálanse os criterios que se manterán na elaboración do Avance. Todos eles están orientados a resolver os déficits e infraestructuras que presenta Vigo nestes momentos e a gañar calidade de vida desenvolvendo a cidade de forma racional e equilibrada e facéndoa competitiva dentro da Eurorrexión.
Descargar todas as imaxes