Escoitar

Convocatoria do posto vacante de Tesoureiro polo sistema de libre designación

A Unidade de Persoal iniciará o expediente para a convocatoria e bases de selección que rexen a provisión do posto vacante de Tesoureiro polo sistema de libre designación, a partir da súa aprobación hoxe luns na Xunta de Goberno Local.

luns, 28 ago 2006
1156767058paraalex.jpg
José Manuel Figueroa
Na actualidade o posto de tesoureiro atópase cuberto a través dunha comisión de servizos. Está reservado a funcionarios da Administración local de habilitación nacional de nivel 30 de complemento de destino, preveéndose expresamente na relación de postos de traballo como sistema de provisión ó procedemento de libre designación.

Será requisito indispensable para concorrer á convocatoria e poder desenvolvelo posto no caso de ser nomeado ó estar integrado na escala de habilitación nacional, subescala Intervención-Tesourería, categoría superior. A titulación esixida é de licenciado en dereito, licenciado en adaministración e dirección de empresas, licenciado en economía, licenciado en ciencias actuariales e financieiras.

En consideración a natureza do sistema de provisión, o nomeamento realizarase discreccionalmente pola Alcaldía en atención os méritos libremente aportados polos candidatos, podendo declararse deserto
Descargar todas as imaxes