Escoitar

Corina Porro apoia a Asociación de Mulleres de Mariñeiros "Rosa dos Ventos"

A alcaldesa, Corina Porro, recibiu hoxe martes no Concello a presidenta da Asociación de Mulleres de Mariñeiros "Rosa dos Ventos", Xosefa Pego, e a coordinadora de relacións desta entidade, Cristina de Castro.

martes, 14 feb 2006
1139923791rosa140206.jpg
Durante o encontro, as representantes de "Rosa dos Ventos" déronlle a coñecer á alcaldesa os resultados do proxecto FEM (Familias Europeas de Mariñeiros), no cal esta asociación participou con entidades análogas de varios países europeos para avaliaren a calidade de vida das familias dos mariñeiros. Segundo expuxeron Xosefa Pego e Cristina de Castro, as familias dos mariñeiros españois son as que presentan os peores indicadores.

Tanto Xosefa Pego como Cristina de Castro salientaron a "sensibilidade" con que Corina Porro tratou sempre a Asociación "Rosa dos Ventos". A alcaldesa ten mostrado o seu apoio á asociación acudindo ás súas reunións, xesto que as súas representantes non quixeron deixar de agradecer.

A Asociación "Rosa dos Ventos" foi fundada en 1991 co propósito de axudar a mellorar a situación das xentes do mar e das súas familias, paliando problemas como a soidade ligada ao traballo de mariñeiro e á condición de familiar de mariñeiro. A Asociación, que reúne na actualidade un total de 100 socias, está integrada na federación nacional APROAR, da cal forman parte tamén asociacións como as de Málaga e Almería. Cristina de Castro é a presidenta desta federación.
Descargar todas as imaxes