Escoitar

0 80% dos xoves de Vigo disfrutaron das actividades da Concellería de Xuventude

luns, 7 xan 2002
imx955.jpg
Máis de 43.000 xoves participaron nalgunha das actividades que a Concellería de Xuventude organizou o ano pasado, segundo o balance presentado hoxe polo concelleiro Santiago Domínguez. Os datos son avaliados como moi satisfactorios polos responsables da concellería tendo en conta que nestes momentos hai censados en Vigo 51.823 mozos e mozas de idades comprendidas entre os 14 e 30 anos.

Santiago Domínguez fai un balance altamente positivo partindo dos obxectivos que se propuxeron ó apostar polo ocio creativo da mocidade, organizando espacios de disfrute así como apoiando iniciativas que partiron dos propios xoves. O concelleiro subliñou que deste xeito ” conseguimos que os mozos e mozas sexan máis activos e sobre todo máis críticos, combatindo o consumismo e a pasividade”

No balance das actividades da concellería de Xuventude presentaronse os datos dos centros de información, dos programa ” Movete con Vigo” e ” Súbete o Castro”: o local de ensaio, a utilización da sala de exposicións e ” Noites vivas” .

Nos dous últimos meses os servicios de atención xuvenil atenderon a 12.935 persoas facilitando información sobre emprego, infobús, turismo, estudios e educación.

O programa ” Movete con Vigo” , encamiñado a dinamizar no eido cultural, artístico, deportivo e recreativo ós centros de ensino medio , deu resposta a 438 demandas formuladas polos xoves como actividades de música, fotografía, informática, teatro, pintura, baile, skate e roller, grafitti, xadres e deportes.

Unha das actividades máis recente que puxo en marcha a Concellería de Xuventude foi o ” local de ensaio” que nestes momentos é utilizado por 23 grupos de música e que teñen a súa disposición instrumentos e equipos. Actualmente hai 32 grupos en lista de espera polo que a intención da concellería é buscar e habilitar outro local.

No programa ” Súbete ó Castro” , que iniciou a súa andaina o mes de marzo do ano pasado, tivo unha afluencia de 11.980 persoas participando en torneos, concertos, cine ou obradoiros.

A Sala de Exposición da Casa da Xuventude considerada como un foro de expresión ó servicios dos mozos e mozas da cidade foi utilizada por 50 persoas para dar a coñecer distintos xeitos de creación artística.

Por último e á espera de coñecer os dos datos definitivos na última edición do programa ” Noites Vivas” participaron 16.606 persoas.
Descargar todas as imaxes