Escoitar

O Auditorio Municipal acollerá a actuación da compañía "Pablo Nojes e Paprika"

A compañía "Pablo Nojes e Paprika" actuará o domingo, 11 de decembro, no Auditorio Municipal no marco do circuito teatral municipal "Vigo a escena 2005" e dentro dos espectáculos dirixidos para un público familiar.

venres, 9 dec 2005
1134131977comicos.jpeg
A actuación, que inicialmente estaba prevista para ás 12.00 horas, terá lugar finalmente ás 18.00, e nela será representada a obra "Os cómicos ambulantes" de manera gratuita até completar aforamento.

Coa utilización de mimo, danza, música e títeres, "Pablo Nojes e Paprika" farán realidade aquilo de "cando ninguén o espera, cando ninguén o imaxina, os cómicos ambulantes aparecen pola esquina".Intepretando pequenas historias e empregando a linguaxe do gag, dous comediantes, cantantes, mimos, bailarines e titiriteiros, interpretados por Pablo Nojes e Esteban Pico, apostan por xogar coa imaxinación e do humor xurde a acción. Nesta obra, de 50 minutos de duración, o diseño, a realización de títeres e vestuario corre a cargo de Carla Espósito, a escenografía é de Gustavo Brito, a música e as cancións de "Os Mameli" e Pablo Nojes.

"Pablo Nojes e Paprika" é unha compañía arxentina radicada en Galicia dende o ano 2001 que traballa en teatro e televisión dende 1979 e dende entón ten estrenado máis de vinte produccións. Tras a súa chegada a Galicia, a compañía participou en diferentes ciclos e festivais, como "Vigocreque", nos anos 2001-2004, "Galicreque", festival de títeres de Santiago de Compostela, nos anos 2001-2002, "Feria de Lleida", nos nos 2002-2003, "Feria de Albacete", no ano 2002, "Titirimundi", da cidade de Segovia, no ano 2003, e Titirilandia, de Madrid, no ano 2002.
Descargar todas as imaxes