Corina Porro entrevístase co conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez
A alcaldesa mantivo hoxe xoves unha entrevista co conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, para tratar temas de importancia para a cidade como o abastecemento de auga, a depuración de residuos e a situación da futura sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Canto ao abastecemento de auga, Corina Porro manifestoulle ao conselleiro que "é o momento de facer un planeamento xeral" que abranga todos os concellos da área metropolitana. Así mesmo, demandoulle estudos das medidas que se deben tomar neste tema, entre os cales incluíu o que debe determinar "se é necesario un novo encoro".
Polo que respecta á depuración, Corina Porro anunciou tras o encontro que "en dúas ou tres semanas" o Concello terá os estudos necesarios para determinar as solucións aplicables ao mal funcionamento da depuradora do Lagares. Sobre a viabilidade da nova depuradora proposta polo Goberno municipal, Manuel Vázquez lembrou que que os futuros orzamentos do estado recollen unha partida de 1,2 millóns de euros para estudala.
Por último, a alcaldesa e o conselleiro de Medio Ambiente trataron da sitaución da futura sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Corina Porro dixo que a intención do Concello é que estea "moi cerca do mar". Esta sede, segundo anunciou o conselleiro, poderá rematarse nun prazo de 18 meses, unha vez determinado o solar en que se construirá. Manuel Vázquez, que apuntou que o orzamento desta obra se achegará aos 7 millóns de euros, dixo que esta sede se converterá nun "edificio emblemático" de Vigo.
Descargar todas as imaxes