Bouzas conta xa cun novo campo de fútbol
O novo campo de fútbol municipal de Bouzas estréase hoxe coa cerimonia de apertura da Vigo Cup, un torneo internacional de fútbol base que reúne esta semana en Vigo un milleiro de deportistas procedentes de diversos puntos do estado e de Portugal.
O Concello de Vigo investiu 70 millóns de pesetas no campo de fútbol de Bouzas, unha instalación moderna que conta cunha ampla bancada, herba artificial e alumeado. Neste campo xogará a vindeira tempada os seus partidos o Rápido de Bouzas.
O Goberno municipal anunciou a súa intención de completar as dotacións deportivas do barrio sacando a concurso este verán as obras de construcción dun polideportivo cuberto que se ubicará nas proximidades do campo de fútbol.