Sete artistas actuarán no festival ”Para Vigo me voy”
A concelleira de Festas e Animación Sociocultural, Isaura Abelairas, presentou hoxe o II Festival Latino Internacional “ Para Vigo me voy” que se celebrará no auditorio de Castrelos entre os días 25 e 28 de xullo.
Sete actuacións compoñen o cartel do festival de este ano. O día 25 de xullo “ Para Vigo me voy” estréase cun concerto de dous artistas que participaron na película Calle 54: Eliane Elías trío e Paquito D’Rivera quinteto.
Eliane Elías, nace en Sao Paulo en 1960, pianista versátil é capaz de interpretar coa mesma mestría o jazz máis ortodoxo como melodías populares sudamericanas, tango arxentino ou unha guaracha cubana. Paquito D’Rivera, La Habana 1948, é un dos poucos músicos de jazz latino. En 1997 recibiu un Grammy ó mellor executante de Latín Jazz polo seu disco “ Portraits of Cuba”. A entrada para este concerto será de 1.000 pesetas.
O xoves, día 26, actuarán os grupos Aterciopelados ( Colombia): Hechos contra el Decoro ( Madrid): Tom ( actualmente vive en Galicia). O prezo deste concerto será de 500 pesetas.
Ana Belén y Víctor Manuel actuarán o venres, 27 de xullo, coa xira “ Dos en la carretera”. O espectador escoitará todas as cancións que foron éxito e que son a base do repertorio que interpretan habitualmente coa incorporación de novas cancións incluídas en “ Yo vengo a ofrecer mi corazón” e “ El hijo del ferroviario”. O concerto custará 2.000 pesetas.
O último concerto será o día 28 coa actuación de Carlinhos Brown ( Salvador de Bahía). Está considerado como un dos artistas máis creativos da nova xeración de músicos brasileños, destaca por unir os ritmos afrobrasileños coas influencias máis actuais de corte pop. O artista invitado dese día será Sharangunha-Escola de samba. O concerto custará 1.000 pesetas.
Descargar todas as imaxes