Membros da corporación e veciños protestan polas últimas mortes causadas pola violencia doméstica
A Praza do Rei foi escenario este mediodía dunha manifestación silenciosa contra a violencia doméstica, que segou a vida de dúas mulleres nos últimos días.

Membros da corporación e veciños de Vigo participaron este mediodía na Praza do Rei nunha manifestación silenciosa en sinal de repulsa polos dous últimos asasinatos provocados pola violencia doméstica, acontecidos en Durango e Mallorca.
Descargar todas as imaxes