A Xunta de Goberno aproba o proxecto de regulamento orgánico de Participación Cidadá
O texto establece unha serie de estándares mínimos que regulan as condicións da participación cidadá no exercicio da política local, segundo manda a Lei de grandes cidades.
A Xunta de Goberno que se celebrou hoxe no Concello de Vigo deixou, entre outros temas, o proxecto de regulamento orgánico de Participación Cidadá, un documento de obrigada redacción debido á nova Lei de Grandes Cidades e que será discutido no próximo pleno da Corporación.
A Lei de "Grandes cidades ou municipios de grande poboación" obriga a aprobar unha norma que contemple os procedementos e mecanismos adecuados ao ámbito da participación cidadá, establecendo unha serie de estándares mínimos que constitúen os mecanismos necesarios para a súa potenciación, moitos dos cales estaban xa operativos no Concello de Vigo. As innovacións máis relevantes son:
- O impulso doutro modelo de xestión do goberno local que inclúa a participación cidadá como un dos seus principais trazos.
- O establecemento dunha organización municipal desconcentrada territorialmente en distritos, dotadas dos correspondentes órganos de xestión e de participación.
- Créase o Consello Social da Cidade, integrado por representantes das organizacións económicas, sociais, profesionais e de veciños mais representativas, orientando as súas funcións ao ámbito da dinamización e planificación socioeconómica.
- Créase a Comisión de Suxestións e Reclamacións no ámbito da defensa dos dereitos dos veciños.
- Aplicación das novas tecnoloxías da información e comunicación de forma interactiva nos procesos de participación, información e xestión de trámites administrativos.
- Introducción na lexislación local das iniciativas e consultas aos cidadáns como instrumentos participativos.
Por outro lado, a Xunta de Goberno aprobou tres prestacións de axuda no fogar e adxudicou, dentro do área de mobilidade e seguridade, os vehículos para chatarra dos que dispoña o Concello á empresa "Autodesguaces Vigo" a razón de 8,12 pesetas el quilo.
No área de urbanismo, a Xunta resolveu a interposición dun recurso contencioso-administrativo contra a resolución da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo na que autoriza as obras de rehabilitación do edificio número 12 da rúa Luis Taboada, situado no ámbito do PEEC e catalogado con protección estructural, impoñendo unha solución para o acceso ao garaxe, xa que a prevista produciría unha alteración non admitida polo Plan Especial que protexe ao edificio.
Por último e fora da orde do día, a Xunta aprobou o asinamento dun convenio coa asociación de peñas "El Olivo" e a Federación "Eduardo Chao" para a organización do entroido incluída a contía económica do premio de comparsas, cunha dotación de 85.000 euros.
Descargar todas as imaxes