Solicitaráselle á Fábrica de Moeda e Timbre que acuñe unha serie de euros para lembrar a Batalla de Rande
O Pleno da Corporación acordou solicitarlle á Fábrica Nacional de Moeda e Timbre que acuñe unha serie conmemorativa de euros de curso legal, un selo e un billete de lotería nos que se grave a silueta da ría de Vigo e un lema alusivo ó tricentenario da Batalla de Rande.
Aprobouse, cos votos de BNG, Psoe e Provi, a moción de apoio á marcha pola supresión da peaxe, convocada para o sábado 30 de xuño en Moaña sumándose á petición de que se elimine a obriga de pagar por utilizar o treito da A-9 entre Vigo e O Morrazo.
Ó remate da sesión plenaria leuse o comunicado elaborado con motivo do Día do Orgullo Gai, que se celebra cada 28 de xuño, e colocouse a bandeira que identifica á comunidade homosexual na fachada da Casa do Concello segundo solicitou o colectivo Legais.