Novas medidas de tráfico en Urzáiz
A concellería de Mobilidade e Seguridade pon en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de construcción do aparcamento soterrado da rúa Urzáiz, cortarase o carril descendente na rúa Urzáiz, no tramo entre Cervantes e República Arxentina, dende o próximo martes 16 de marzo de 2004 ás 00:00 horas, e ata o martes 23 de marzo ás 24:00 horas.
O itinerario alternativo para os vehículos que descendendo Urzáiz pretendan chegar a Uruguai establécese polas rúas Cervantes e Uruguai
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Peche na rúa José Fiaño
Por outra banda, tamén comunícase que por mor da canalización de saneamento pecharase ao tráfico rodado a rúa José Fiaño Señor, dende as 08,00 horas do luns 15 ata as 20,00 horas do xoves día 18 de marzo de 2004.