Escoitar

Un proxecto de arte e cor cambiará de forma “excepcional” o barrio do Rocío en Coia

O Concello transformará o barrio do Rocío en Coia enchéndo de arte e cor cun proxecto que rondará os 4,4 millóns. Trátase dunha intervención artística e urbana coa que a zona se converterá “nun referente en toda Europa” da man da gran muralista Lula Goce.

venres, 6 mar 2026

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres a contratación da redacción do proxecto de obras de execución dunha intervención artística e urbana na zona do Rocío, en Coia. Un traballo que Caballero cualifica de “excepcional” e que supoñerá un “cambio radical; o nunca visto. Queremos que o Rocío sexa unha zona referente en toda Europa”. A redacción do proxecto ten un custe de 106.000 euros.

Así, o Goberno municipal desenvolverá un proxecto de humanización e arte urbana para o barrio do Rocío, en concreto no ámbito situado entre a rúa Rocío e a rúa de Abaixo, no que se atopan un grupo de vivendas unifamiliares que datan dos anos 50 do século pasado que hai que preservar. Trátase dunha gran acción urbana e artística para poñer en valor a singularidade do barrio, da súa forma de construción mantendo o seu carácter unitario cunha “actuación de humanización, urbana e artística sensacional”, sinalou o rexedor.

O proxecto contempla a mellora dos espazos públicos para as persoas, sen alterar as características da estrutura urbana, reubicando os aparcamentos na rúa do Medio, de Abaixo e de Arriba. Más adiante, avanzarase cara ás rúas Rocío e Marín.

O alcalde avanzou que o proxecto contará con Lula Goce, “unha das grandes muralistas do planeta” e da súa man “faremos unha acción extraordinaria que dará a volta ao mundo”. O importe desta iniciativa será de 4,4 millóns de euros aproximadamente.

 

Descargar todas as imaxes