Escoitar

O Goberno informa ó Consello da Xerencia da entrada en vigor da Lei de Medidas para a Modernización do Goberno Local

Os integrantes do Consello Municipal da Xerencia de Urbanismo coñeceron hoxe de qué xeito a entrada en vigor da Lei de Medidas para a Modernización do Goberno Local afecta a este organismo. Os membros da Xerencia acordaron solicitar un informe xurídico e a opinión doutros organismos, coma a FEMP, acerca destas modificacións legais.

venres, 9 xan 2004
O Consello da Xerencia tratou unha proposta de resolución do titular do órgano de apoio á Xunta de Goberno referido expresamente á Xerencia de Urbanismo, no que se propón inicia-lo procedemento de adaptación dos estatutos da Xerencia de acordo co que establece a Lei.
Ademais, no documento se propón que a Xunta Local de Goberno delegue as competencias delegables a favor dos órganos da Xerencia que na actualidade desempeñan estas competencias, así coma que delegue, nos órganos da Xerencia que actualmente as desenvolven, as competencias referentes á tramitación e informe ou dictame dos expedientes comprendidos nos apartados c) e d) do artigo 127 (a aprobación dos proxectos de instrumentos de ordenación urbanística cuxa aprobación definitiva ou provisional corresponda ó Pleno e as aprobacións dos instrumentos de planeamento de desenvolvemento do planeamento xeral atribuidas expresamente ó Pleno, así coma dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización). Outra das propostas deste informe establece que o Consello da Xerencia debe nomear un secretario da mesma que, no caso de ser funcionario, poida recaer o exercicio da función de fe pública.


Vigo, 8 de xaneiro de 2004