Escoitar

Caballero destaca a dimensión tecnolóxica de Vigo na "Feira Internacional Mindtech"

O alcalde puxo en valor este martes que a gran dimensión tecnolóxica do sector do metal de Vigo queda patente na cuarta edición da “Feira Internacional Mindtech”, organizada ata o xoves 19 de xuño no Instituto Feiral de Vigo pola Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia.

martes, 17 xuñ 2025

Abel Caballero destacou hoxe, ante os expertos dos sectores metal e tecnolóxico que participan na nova edición de “Mindtech”, o papel protagonista de Vigo na “gran dimensión tecnolóxica” que adquiriron nos últimos anos as empresas da automoción e da construción naval.

O alcalde adiantou que “inmediatamente” haberá “grandes noticias” en Vigo en relación coas novas tecnoloxías aplicadas á industria do metal, que seguirán tanto ás axudas dos PERTE como á da rede de moi alta tensión.

“Falamos dos semiconductores fotónicos. Europa fixo un deseño en Francia e Alemaña e, de súpeto, apareceu Vigo e imos estar e imos ter unha fábrica de microchips, de semiconductores. A máis importante tecnoloxía deste planeta vai estar establecida en Vigo”, afirmou o rexedor ao adiantar un encontro coa secretaria de Estado de Defensa.

 


 

Descargar todas as imaxes