Escoitar

Os votos en contra do BNG e do Partido Popular impiden actualizar as tasas co incremento do IPC

O voto en contra dos concelleiros do Blogue Nacionalista Galego e do Partido Popular impidiron no pleno de hoxe a actualización das ordenanzas fiscais nun 3,1 por cento, o correspondente ao incremento do IPC.

xoves, 27 nov 2003
1070009525pleno.JPG
Imaxe do Pleno
A proposta do Goberno, co respaldo de Democracia Progresista Galega, foi defendida pola concelleira de Economía e Facenda, María Luisa Graña, que calificou a aprobación destas tasas como "un exercicio de responsabilidade sobre as obrigas contraidas, porque non aprobar a modificación das ordenanzas é aprobar o deterioro dos servicios, o impago dos contratos de limpeza recollida, a oferta pública de emprego, o incremento salarial do persoal.... é aprobar o incremento dun déficit de 400 millóns, sumado á perda de ingresos por IAE. É impedir o nacemento dun plan de inversións. É votar en contra de Vigo.

Ao longo da súa intervención, a concelleira recalcou que "non se podía inducir a erro, non se propón subida, incremento ou sinónimo calquera, dos tributos municipais, senón que se propón a súa actualización conforme ao IPC. De non aprobarse non se conclúe que se ingresará en igual valor que este ano, senón nun 3,1 por certo menos, que será a perda de valor do diñeiro por non actualizarse".

"Non se propón un incremento da presión fiscal aínda que os estudios económicos revelan déficitits importantes en todos os servicios", continuou engadindo "ademáis compre lembrar que foron aprobadas provisionalmente e número de escritos en periodo de exposición pública foi de tres, un deles do PP".

A concelleira socialista apelou a sensatez, ao bo facer e ao compromiso que cada un dos membros desta corporación ten adquiridos individualmente, e como grupo, de representación de lexítimos intereses de defensa dos cidadáns para que non se produzca unha situación de creba irrecuperable das arcas municipais que leve á cidade á imposibilidade de atender as súas necesidades básicas".

Graña continuou a súa intervención asegurando que "todos os presentes sabían que os que non existen razóns, nin tras a sombra da abstención nin na firmeza do voto en contra, amparando en decimais de IPC, que xustifican a non actualización das ordenanzas fiscais. A non ser que o obxectivo sexa interpretar que o titular dunha derrota do Goberno municipal se convirta en mel de victoria".

"Non cremos necesaria unha nova proclama de crise política no Concello, pero vaia por diante que se ese é o obxectivo a alcanzar, e así abran ou pechen todos os debates políticos que estimen precisos, pero que non entorpezan a marcha diaria necesaria desta cidade, porque, ademais, lembrolles que alí fora eses discursos non valen", concluiu.