Escoitar

PLENO EXTRAORDINARIO E URXENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL

ORDE DO DÍA

mércores, 26 nov 2003
ORDE DO DIA para a sesión EXTRAORDINARIA E URXENTE que terá lugar o día
27 de NOVEMBRO de 2003, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos
deste Concello.
1.- Ratificación de urxencia.
2.- Resolución de alegacións formuladas no período de exposición pública
ós acordos de aprobación provisional das modificacións das ordenanzas
fiscais reguladoras dos seguintes tributos:
a) Modificación da ordenanza fiscal xeral.
b) Modificación da ordenanza fiscal do imposto sobre bens inmobles.
c) Modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre
vehículos de tracción mecánica.
d) Modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre
actividades econòmicas.
e) Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas polos
documentos que expida ou que entenda a Administración municipal ou
autoridades municipais a instancia de parte.
f) Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas relativas ó
servicio de transporte urbano de viaxeiros en automóbiles lixeiros
de aluguer con conductor (autotaxis e vehículos especiais ou de
aboamento).
g) Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas polos
servicios especiais por espectáculos ou transportes.
h) Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola
prestación de servicios de prevención de incendios, prevención de
ruínas de construccións, derrubas, salvamentos e outros análogos.
i) Modificación da ordenanza fiscal reguladora dos dereitos ou taxas
pola prestación dos servicios dos cemiterios municipais.
l) Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola
inmobilización, retirada, depósito e custodia de vehículos.
m) Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola
recollida de lixo.
n) Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola
prestación de servicios de inspección sanitaria, os de análises
químicas, bacteriolóxicas e calquera outras da mesma natureza.
ñ) Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola
prestación dos servicios de sanidade preventiva, desinfección,
desinsectación, desratización e destrucción de calquera clase de
materias e productos contaminantes ou propagadores de xermes
nocivos para a saúde pública prestados a domicilio por encargo.
o) Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola
prestación de servicios de limpeza de pozos negros, fosas