Escoitar

O Nadal Bus volve percorrer as rúas da cidade

O autobús seguirá unha ruta circular polos principais puntos de interese do Nadal da cidade, con saída e chegada ao Farol de Urzaiz. O servizo dará comezo este venres 22 de novembro ás 18:30 horas.

martes, 19 nov 2024

Coa posta en marcha do Nadal Bus, "queremos que a cidadanía viguesa e os visitantes gocen activamente da iluminación" a través dunha "viaxe extraordinaria", sinalou o rexedor. O Nadal Bus realizará un percorrido circular que comezará e rematará en Urzaiz- Príncipe (O Farol)  seguindo por Gran Vía, Praza de España, Praza de América (volta á praza), Camelias, Venezuela, Gran Vía, Urzaiz, República Arxentina, García Barbón, Colón e rematando en Urzaiz – Príncipe (O Farol).

Este servizo dará comezo o venres 22 de novembro ás 18:30 horas e estará dispoñible ata o 6 de xaneiro de 2025, permitindo gozar das luces de Nadal dende unha perspectiva diferente e sobre rodas. Horarios do Nadal Bus:

  • Do 22 ao 30 de novembro:
    • Domingos: 18:30 horas.
    • Venres, sábados e vésperas de festivos: 18:30, 19:30 e 20:30 horas.
  • Do 1 ao 19 de decembro:
    • Domingos, luns, martes, mércores e xoves: 18:30 horas.
    • Venres, sábados e vésperas de festivos: 18:30, 19:30 e 20:30 horas.
  • Do 20 de decembro ao 6 de xaneiro:
    • Domingos, luns, martes, mércores e xoves: 18:30 e 19:30 horas.
    • Venres, sábados e vésperas de festivos: 18:30, 19:30 e 20:30 horas.

O Nadal Bus, que dispón de dous pisos con 78 prazas e 1 unha para persoas con mobilidade reducida, amósase como unha forma rápida e cómoda de poder gozar da iluminación de Nadal desde un ángulo diferente. As persoas interesadas poderán facer a reserva de billetes de forma online.

 

Descargar todas as imaxes