O campo das Travesas, aberto para o seu uso tras unha remodelación de 350.000 euros
O alcalde achegouse este venres ao espazo no que o Concello investiu 350.000 euros que permitiron a súa “remodelación integral” e que xa está dispoñible para ser usado polos diferentes clubs. Conta cun novo céspede artificial con categoría Fifa, adaptado para fútbol e hóckey sobre herba, renováronse as redes de rego e de augas pluviais e instalouse un peche perimetral de altura ao redor do campo para protexer a pista de rodadura na que se practica bicicleta ou patinaxe.
![Momento da inauguración do campo nas Travesas](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/fCrxoSnWymt1I2a08rEDvalBCHa8bOp0MIRHAVD5.jpeg)
![Momento da inauguración do campo nas Travesas](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/fCrxoSnWymt1I2a08rEDvalBCHa8bOp0MIRHAVD5.jpeg)
![](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/yM2ocQuuUrRQ7Pnh8xgRL9fw3zealTzTY97VDKW5.jpeg)
![](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/iDv0NZJFr3IAkgGYxSgT2Dl21RKeAr06acHXGLE7.jpeg)