Abel Caballero: “Continuamos avanzando na construción da grada de Gol”
A Xunta de Goberno Local de hoxe aprobou a licitación para a execución das tarefas de coordinación de seguridade e saúde das obras, cun importe de 181.283€. O rexedor informou que onte reuniuse a mesa de contratación para as obras de reforma, admitindo 8 licitadores.
“Estamos construíndo un dos mellores e máis importantes estadios do fútbol do mundo”, destacou o alcalde, tras informar que a Xunta de Goberno Local de hoxe aprobou a licitación para a execución das tarefas de coordinación de seguridade e saúde das obras, cun importe de 181.283€.
O rexedor tamén informou que onte reuniuse a mesa de contratación para as obras de reforma, admitindo 8 licitadores, que presentaron a documentación administrativa correcta. Procedeuse á apertura do sobre coas propostas técnicas e remitido a concellería de Fomento para realizar o informe técnico, das mesmas.
“A inversión prevista para a grada de Gol elévase ata os 26.304.618€”, para que a nova grada sexa “practicamente unha réplica de Marcador Centenario”, logrando unha imaxe uniforme do estadio. O terreo de xogo situarase a tan só 8,5 metros, en paralelo á liña de fondo, para que os espectadores teñan unha visión despexada e completa. Contará cun “incremento de aforo de 2.400 espectadores”, pasando dos aproximadamente 4.000 espectadores actuais ata os 6.400 espectadores, que terán as mesmas butacas que no resto do estadio.
Caballero destacou que se creará, “un novo espazo aporticado” de máis de 500 metros de lonxitude, enlazando o anel de soportais de Gol e Marcador entre si, creando un novo espazo público cuberto, o que implicará a intervención sobre a fachada xa reformada de Tribuna. Proxéctanse 6 escaleiras de amplas dimensións e 8 ascensores que facilitarán a mobilidade de forma notable, dando servizo tamén ás bancadas de Río e Tribuna, xerando un anel perimetral de bancadas conectadas, entre os diferentes niveis. O proxecto tamén contempla un tanque de almacenamento de augas pluviais para a súa reutilización co rego do céspede.