Escoitar

O Concello celebrará a gala de Viguesas e Vigueses Distinguidos o vindeiro 26 de marzo

Abel Caballero desvelou esta mañá o día de realización da gala que, dada a coincidencia coa Semana Santa, este ano adiántanse con respecto á data habitual que adoitaba ser o 28 de marzo, o "día da Reconquista de Vigo" rememorando o ano 1809. O acto terá lugar no teatro Afundación, como en edicións anteriores, ás 20:00 horas. O rexedor tamén avanzou que a lectura do bando correrá a cargo de Luis Espada Recarey, "reitor fundacional da Universiade de Vigo e actualmente Valedor do Cidadán".

martes, 27 feb 2024
Descargar todas as imaxes