Escoitar

Abel Caballero: “Dende o Concello estamos preparándonos por se chegasen pellets aos areais vigueses”

O dispositivo municipal despregado realiza varias inspeccións ao día, “sen detectar, ata o momento, pallets de plástico”. O rexedor destacou que “onte a tarde recibín unha carta do conselleiro do Mar na que nos trasladaba o protocolo de actuación, 23 días despois do accidente”.

martes, 9 xan 2024
O alcalde e os técnicos municipais durante a visita a O Vao
O alcalde e os técnicos municipais durante a visita a O Vao

Caballero achegouse esta mañá ata a praia de O Vao, para coñecer de primeira man as inspeccións que o Concello realiza nas praias da cidade, con motivo da “marea plástica que inunda Galicia”.

Como confirmou o primeiro edil, ata o momento non se detectaron pellets na costa viguesa, pero “dende o Concello estamos preparándonos por se chegasen aos areais”. Neste momento, “xa localizamos tamizadores manuais que nos permitirían retirar as bólas de plástico, pero tamén estamos a estudar sistemas mecánicos”.

Abel Caballero invita a que “se algún cidadán detectase a presenza destes restos nas praias poden poñerse en contacto co 010 ou co 092 (Policía Local), para informarnos” e no caso de que “os recollan eles mesmos o material deben facelo con luvas”.

Finalmente, o rexedor explicou que “queremos que científicos do IEO analicen os pellets, tendo o noso propio dictamen analítico que descarte a súa toxicidade”. Ademais manifestou a súa desconformidade coa actuación da Xunta de Galicia, “que non eleva o nivel de emerxencia para obter a colaboración do Goberno central”.

O alcalde e os técnicos municipais durante a visita a O Vao
Descargar todas as imaxes