Escoitar

Vigo enche hoteis e rúas na primeira fin de semana de Nadal

As luces de Nadal atraen a milleiros de cidadáns nos primeiros dous días da iluminación deste ano. Vigo rexistrou unha ocupación hoteleira do 97%.

luns, 27 nov 2023

Os hoteis da cidade rexistraron un “case cheo” durante a primeira fin de semana do Nadal. Abel Caballero informou que a ocupación hoteleira foi do 97%. As estimacións municipais cifran en máis de 300.000 os asistentes ao centro da cidade durante esta primeira fin de semana. “Moitas persoas paseando polas rúas e cada media hora a árbore de Nadal en Porta do Sol congrega a milleiros de persoas”, afirmou o rexedor.

Durante a fin de semana Papá Noel chegou a súa casa situada en Policarpo Sanz, onde os máis cativos poden achegar as súas cartas cos seus desexos. Amais, o rexedor tamén acudiu á apertura do Belén Monumental en Casa das Artes.

Descargar todas as imaxes