O Concello licita a nova iluminación do Monte da Guía
A Xunta de Goberno aprobou a licitación cun importe de case 400.000 euros para a iluminación do Monte da Guía. O alcalde tamén deu conta da aprobación definitiva á urbanización dos polígonos 2A e 2B do Plan Parcial de Navia que albergará novas vivendas e para o que o goberno local reclama un novo instituto.
O goberno local aprobou a licitación da nova iluminación do Monte da Guía. O importe é de case 400.000 euros para a zona da iluminación do paseo e a capela. Substituiranse máis de 100 puntos de luz e renovaranse todas as canalizacións obstruídas. O Concello segue a esperar polo informe de Patrimonio para iluminar tamén a capela da Guía.
Urbanismo
A Xunta de Goberno tamén deu luz verde á urbanización definitiva dos polígonos 2A e 2B do Plan Parcial de San Paio de Navia. Segundo informou o alcalde, no 2A están previstas 337 vivendas, equipamentos, espazos verdes, viarios e 180 prazas de aparcamento. No 2B o Caballero insiste na necesidade e idoneidade da construción dun instituto por parte da Xunta de Galicia: “Se a Xunta asina o convenio que lle remitimos fai 3 anos, dámosllo de balde”, asegurou en declaracións.
Administración electrónica
O alcalde tamén deu conta da aprobación do subministro de lectores do código QR para acceso a máis servizos municipais. Caballero informou que serán 100 e que permitirán que a PassVigo poda estar dispoñible no teléfono móbil, “unha tarxeta virtual”, subliñou.
O rexedor lembrou que a PassVigo xa poder ser utilizada noutros servizos como o XER ou nos contedores de lixo. “Son melloras para a comodidade da cidadanía na súa relación co Concello”, concluíu.