O transporte urbano municipal pon en marcha o servizo especial de praias
O alcalde especificou que arrincará o “xoves 22 de xuño, cun total de 9 liñas que conectarán o centro de Vigo con todos os areais da cidade”. A noite de San Xoán tamén haberá servizo especial.
Dende mañá, un total de 9 liñas conectarán Vigo con todos os areais ofrecendo un servizo de transporte urbano cómodo para que os cidadáns visiten as praias da cidade. Ademais das seis liñas que conectan habitualmente coas praias (L10, L11, L12A, L15A, L15 e L15C), tamén amplían o seu percorrido outras tres liñas (C3, 4C e 23). Abel Caballero tamén indicou que “nas horas punta reforzarase o servizo para facilitar a mobilidade”.
Tamén existirá un servizo especial para a noite de San Xoán, onde dende as 19:00 horas todas as liñas regulares a Samil dispoñerán dun servizo de reforzo, “cunha frecuencia de paso inferior aos 20 minutos”.