Escoitar

A Cabalgata de Reis contará con 11 carrozas inspiradas en filmes infantís

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres a resolución dos convenios de colaboración empresarial para participar na edición de 2023, que se celebrará o vindeiro 5 de xaneiro. O Concello outorga 141.977€ en axudas municipais á creación de empresas. Concederáselle a «Distinción Honorífica Cidade de Vigo» a Eugenio González de Haz y Vizcaíno.

venres, 16 dec 2022

O 5 de xaneiro desfilarán polas rúas da cidade 11 carrozas que teñen como tema central os filmes infantís, na que seis delas pertencen a colaboración empresarial.

Como xa avanzou o rexedor que Vigo terá novamente este ano dúas cabalgatas. A estática que terá lugar o 5 de xaneiro na Avenida de Castelao, dende as 11:00 ata as 15:00 horas. Pola tarde, a comitiva real percorrerá as rúas da cidade a partir das 17:00 horas, realizando un traxecto que a levará pola Praza de América, pasando pola rúa López Mora, rúa Pi i Margall e o Paseo de Alfonso, finalizando en Falperra e Cachamuíña. A recepción posterior que ofrece o Concello aos Reis Magos será na Porta do Sol as 21:00 horas.

Axudas municipais a creación de empresas

O Concello de Vigo outorgou axudas municipais á creación de empresas no ano 2022. Como explicou Abel Caballero, “concedemos axudas a 80 empresas por un importe total de 142.000 euros”, na que as empresas podían obter ata un máximo de 3.000 euros por solicitude. A finalidade desta convocatoria é apoiar aos novos emprendedores nos gastos que supón poñer en marcha un negocio, xa que “Vigo é unha cidade de empresas”.

Distinción Honorífica Cidade de Vigo

O alcalde tamén deu conta da aprobación na Xunta de Goberno local da concesión da «Distinción Honorífica Cidade de Vigo» a Eugenio González de Haz y Vizcaíno, presidente de Radio Vigo Grupo de Comunicación, sendo esta distinción “a máxima honra que concede pode outorgar o Concello de Vigo e recoñece a cidadáns, institucións e entidades que destacasen dunha forma especial e excepcional, contribuíndo de forma determinante ao prestixio da cidade”. Esta proposta será elevada a Pleno para a súa aprobación en próximas datas.

 

Descargar todas as imaxes