O goberno municipal incrementa ata 1,1 millóns o investimento no albergue municipal
O alcalde deu conta da carta que lle dirixiu no día de hoxe ao presidente da Xunta, recordando que “os albergues son obrigación e competencia” do ente autonómico e reclamando “cando menos, o financiamento”.
Abel Caballero sinalou esta mañá en rolda de prensa que con esta adxudicación “o Concello de Vigo aumenta en máis de 300.000€ a inversión no albergue municipal”, pasando de 785.000€ a 1.100.000€. Recordou ademais o rexedor que se trata “do único albergue municipal que hai en toda Galicia”, polo que aproveitou para reclamar a súa xestión por parte da goberno galego.
A xestión Centro Integral de Inclusión y Emergencia Social (CIIES) estará en vigor ata 2025 cun custo de 3,5 millóns de euros. Este contrato inclúe a xestión do propio albergue municipal; do centro de día;o punto de atención continuado; o comedor social; un piso básico e o “Equipo na rúa”. Ademais será equipado cun equipo interdisciplinar, no que se inclúen diferentes perfís profesionais como: psicólogos, educadores sociais, traballadores sociais, integradores etc.