Escoitar

No mes de agosto pechan as piscinas municipais

O Concello acorda o peche das piscinas municipias de As Travesas , Lavadores e Teis durante o mes de agosto para acometer os traballos de mantemento e limpeza das mesmas. Esta medida acordouse nunha xuntanza na que se avaliou que durante mes de xullo o número de usuarios e moito máis alto que nos mes de agosto.

xoves, 24 xul 2003
Outros dos motivos para o peche foron que as reservas para os cursillos do mes de xullo xa se realizaran e estaban anunciadas as actividades.En anos anteriores probaronse diferentes fórmulas de peche, que tiveron un maior prexuicio para mais cidadans. En 2002 se reduciu o peche a 15 días de agosto na piscina de Teis, pero resultou insuficiente para acometer o mantemento necesario e tívose que reabrir en precario e sen facer o mantemento correctivo na súa totalidade. Cando so existían as piscinas do Calvario e Travesas pecharonse sempre as dúas o mesmo tempo excepto hai tres anos que alternara unha en Xullo e outra en Agosto, pero sempre recoñocendo que a demanda era moito máis alta en Xullo que en Agosto.

Este ano despois de valorar todas as operacións a realizar de mantemento e tendo en conta que a decisión se acorda nos primeiros días de xuño non era factible pechar ningunha en Xullo, e menos facer un peche de soamente de 15 días en agosto.

As operacións de mantemento a realizar desglosado por piscinas son as seguintes.

Teis:
Baleirado e enchido do vaso. Implica 2 días para a evaporación total do cloro xa que non está permitido verter a rede de saneamento a auga con cloro os seus derivados. Entre día e medio e dous días para o seu vaciado non se pode verter de golpe a rede de sanemento tanto volumen de auga. Dous a tres días de enchido e tres días mais para estabilización de productos químicos e alcanzar a temperatura da auga. Isto supón que para ter de novo auga en óptimas condicións son necesarios entre 10 e 11 días.
A isto hai que engadir que unha vez baleirado o vaso debense facer operacións de limpeza do mesmo, rexuntado de plaquetas, cambio de dúas escaleiras, nas que se ten que romper a plaqueta para facer novos enganches. Todo estas operacións requiren tempo de secado dos materiais.

Colocación de gresiti no vaso de chapoteo, plaquetas na zona de praias.Colocación de bandeiras de xiro colgadas do teito como referencias para os xiros na espalda por solicitude do clube natación Galaico.Reparación de fuga de auga en vestiario masculino; hai que localizala fuga, reparar tubería, colocar alicatado.Instalación de duchas frías en vestuarios.Instalación dunha toma de auga na praia da piscina.Colocación de novas tomas de electricidade co correspondente tendido das líneas.Pintado recepción e pasillos de vestiarios.Repararción dunha válvula antirretorno do vaso grande.Revisión maquinaria sala de máquinas.

Lavadores:
Baleirado e enchido do vaso o igual que na piscina de Teis.Rexuntado de plaquetas dos vasos.Cambio canaletas de desagües pasillos vestuarios.Pintura recepción, pasillos, vestiarios e vasos paramentos verticais .Sustitución de claraboias en teitos.Levantamento e sustitución da canaleta de desbordamento do vaso grandeRevisión de maquinaria sala de máquinas.

Travesas:
Baleirado e enchido dos tres vasos.Rexuntado total do vaso de chapoteo e parte do vaso grande.Pintado de pasillos, recepción, e paramentos verticais da zona dos vasos, vestiarios.Reparación de fugas de auga. Sustitución de portas por material de trespa en zona de almacén.Reubicación da porta de acceso a vestiarios para facilitar o acompañante de discapacitados o acceso a zona de duchas.Reposición de luminarias vestiuariosLimpeza e pintado da estructura metálica dos teitos das pistas de squash.Sustitución de canaletas de desagües en vestiarios.Colocación dunha ducha de teléfono en vestiario de discapacitados.Reposición de alicatado en pasillo vestiarios piscina exterior.Revisión mantemento ordinario en sala de máquinas.