A Corporación celebra pleno ordinario o luns
A partir das nove da mañá os concelleiros da Corporación Municipal celebran un pleno de carácter ordinario no que debateran un total de nove asuntos que conforman a orde do día.
1.- Acta anterior (Sesión 11.07.03).
2.- Informe da Comisión Especial de Contas sometendo a aprobación a conta xeral do Concello de Vigo correspondente ó ano 2002.
3.- Proposición referente á aprobación definitiva de desafectación de terreos municipais en Cotogrande para a súa posterior cesión ó IFEVI.
4.- Proposición referente á adhesión do Concello ó convenio subscrito entre a Axencia Estatal da Administración Tributaria e a Federación Española de Municipios e Provincias en materia de subministro de información de carácter tributario.
5.- Proposta do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo referente á aprobación provisional da modificación puntual núm. 24 do PXOU-93 DE Vigo (ordenanza de zonas verdes e libres, e garaxe-aparcadoiro).
6.- Proposta do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo referente á aprobación definitiva do estudio de detalle do cuarteirón núm. 91 do PEEC, definido polas rúas Loriga, Ecuador, Panamá e Venezuela.
7.- Proposta da Mesa de Contratación referente á adxudicación do contrato de xestión de servicios públicos que ten por obxecto a recollida selectiva de resíduos sólidos urbanos.
8.- Escritos da Voceira do grupo político municipal do PP polos que se modifica a representación do grupo no Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo e no Padroado da fundación "Museo de Arte Contemporánea de Vigo", MARCO.
9.- Mocións:
a) Proposta da Voceira do grupo político municipal do PP referente ó fomento das políticas de integración laboral das persoas discapacitadas.
b) Proposta do concelleiro do grupo político municipal do PP, Sr. Coello Bufill, referente ós estacionamentos de vehículos na rúa Ecuador.
c) Proposta do concelleiro do grupo político municipal do PP, Sr. López-Chaves Castro, referente á mellora dos medios materiais de traballo nas dependencias do Arquivo Municipal.