Escoitar

A Xunta de Goberno aproba as bases de selección do obradoiro de emprego “Vigo Capacita VIII”

Contrataranse 20 alumnos-traballadores que durante 12 meses. A súa vez publícanse as bases para a contratación do equipo directivo.

xoves, 11 ago 2022

 

Esta mañá Caballero contou en rolda de prensa algúns dos temas que a Xunta de Goberno aprobou no día de hoxe, como o caso do obradoiro de emprego “Vigo Capacita VIII”. Con este programa contrataranse a 10 persoas que realizaran aprendizaxes de cociña e outras 10 de restaurante/bar. Como novidade, o alcalde sinalou sinalou a ampliación do curso, que “antes esta formación era de 9 meses e agora é de 12, para dar unha formación máis completa”. Ao superar o curso recibirán un certificado de profesionalidade.

Nomeamento de 15 novos Policías Locais e publicación no DOG de 33 novas prazas

O Concello realizou o nomeamento de quince novos membros do corpo de Policía Local de Vigo, que chegan a través de mobilidade horizontal doutras localidades despois de superar un proceso de concurso. Recentemente cubrironse outras 46 prazas de acceso libre, que xa se encontran traballando no Concello.

Esta convocatoria é a correspondente a Oferta Pública de Emprego de 2020-2021, das que 25 son de oposición libre e 8 de mobilidade horizontal.

Emprego público

Na Xunta de Goberno local tamén se aprobaron 63 novas prazas de emprego público para o Concello de Vigo. Abel Caballero enfatizou que “en menos de 3 anos cubrimos 273 novos empregos públicos”.

Subvención Orquestra Clásica e convenio ca Asociación Galega Amigos del Rocío

Aprobouse a subvención de 30.000€ para a Orquestra Clásica de Vigo a través dun programa de cinco concertos. A sua vez firmouse un convenio de 5.000€ coa Asociación Galega Amigos del Rocío.

Cesión temporal dunha vivenda a Rede Rede Municipal de Vivendas de protección para mulleres vítimas de violencia de xénero

O Concello conta con 3 vivendas ocupadas por mulleres e os seus fillos que teñen 15 prazas vacantes, pero que nestes momentos están totalmente ocupadas, polo que se realiza unha nova cesión.

 

Descargar todas as imaxes