Escoitar

Caballero pide na Conferencia de Presidentes celeridade no PERTE do automóbil e do sector naval

O alcalde tamén solicitou a rebaixa dos prezos da enerxía “de xeito imprescindible porque está a facer dano ás economías domésticas, pemes, grandes empresas, a automoción e o naval”

luns, 14 mar 2022
O rei Felipe VI asistiu á Conferencia de Presidentes.
O rei Felipe VI asistiu á Conferencia de Presidentes.

Abel Caballero defendeu na Illa da Palma a rebaixa dos prezos da enerxía, “de xeito que poida evitar seguir a facer dano as economías das familias, pemes, grandes empresas e sectores estratéxicos para Vigo como son a automoción e o naval”. E engadiu que “non pode ser que as compañías gañen cartos polo sistema de fixación de prezos indebido”.

O alcalde trasladou na Conferencia de Presidentes a importancia de poñer en marcha o PERTE do automóbil eléctrico e conectado: “Debe cubrir todas as necesidades das empresas da automoción e Stellantis, pola súa importancia en España e Vigo. O sector debe poder trazar plans de futuro cunha enorme capacidade de exportación”. Ademais, requiriu celeridade para o PERTE do do sector naval: “É un sector que está a sufrir e débese garantir a súa viabilidade. Vigo ten o sector naval privado máis importante de Europa. É congruente que o Goberno de España aprobe o PERTE”, afirmou.

Na Conferencia de Presidentes acordouse a elaboración dun plan económico para paliar as consecuencias económicas da guerra: “O presidente do Goberno de España manifestou que a FEMP estará presente na súa elaboración e polo tanto representarei a todos os concellos”, dixo o rexedor.

Descargar todas as imaxes