Escoitar

O alcalde avanza que a ocupación hoteleira superará o 97% na ponte da Constitución

Abel Caballero salientou este martes a “magnífica previsión” do sector hostaleiro da cidade de cara á ponte de decembro, logo de sinalar que o día do acendido da iluminación de Nadal a ocupación foi do “100%”.

martes, 30 nov 2021
Abel Caballero, Susana Rodríguez Gacio e parte da Corporación Municipal no acendido da iluminación
Abel Caballero, Susana Rodríguez Gacio e parte da Corporación Municipal no acendido da iluminación

Tal e como explicou, o sábado 20 de decembro, os hoteis da cidade rexistraron un cento por cento de ocupación: “todo ocupado, toda a hostalería ocupada, todos os hoteis ocupados” e engadiu que o sector da restauración da cidade está notando unha “afluencia importantísima” de clientes.

“A cidade respira visitantes por todas partes e van seguir vindo porque o Nadal de Vigo é extraordinario”, apuntou o rexedor que adiantou a “magnífica” previsión de ocupación hoteleira para a ponte de decembro, situada no 97,50% das prazas dispoñibles.

Caballero engadiu tamén que Vigo tivo a pasada fin de semana, do 27 e 28 de novembro, unha ocupación superior ao 80%.

Abel Caballero, Susana Rodríguez Gacio e parte da Corporación Municipal no acendido da iluminación
Descargar todas as imaxes