Escoitar

A nova ordenanza de terrazas entrará en vigor en 15 días e permitirá peches estables

O BOP publica este venres a nova normativa municipal de terrazas, que será de aplicación en dúas semanas e, como novidade, posibilita á hostalería a montar terrazas con peche estable de sinxelo desmontaxe. “Queremos que poidan facer economía, negocio, xerar emprego e facilitar o ocio dos cidadáns”, explicou o alcalde.

venres, 26 nov 2021
Imaxe dunha reunión celebrada no mes de xullo entre o Concello e o sector hostaleiro vigués.
Imaxe dunha reunión celebrada no mes de xullo entre o Concello e o sector hostaleiro vigués.

Así, dentro de quince días, os locais poderán optar polas terrazas actuais ou montar no exterior peches estables (sempre que sexan de fácil desmontaxe) no seu perímetro e na cuberta.

O ordenanza tamén permite aos hostaleiros instalar tarimas e cubertas desmontables nas terrazas, de material resistente e de forma harmónica co entorno. Os horarios se manteñen, así como a “taxa cero”.

Abel Caballero insistiu en que os peóns teñen prioridade nas beirarrúas, mais é compatible o seu uso polos cidadáns e pola hostalería. As novas terrazas, ademais de ter que deixar espazo suficiente para o paso, deberán integrarse co entorno e incluso se permite que se empracen, previa autorización, en espazos de aparcamento de vehículos, coa única excepción de que as prazas sexan para persoas con mobilidade reducida ou zonas de carga e descarga.

Descargar todas as imaxes