Escoitar

O goberno local incorporará nas próximas semanas 31 novos efectivos ao servizo de bombeiros

O servizo municipal de bombeiros conta con 16 novos efectivos que xa están a traballar. Ademais, en próximas semanas vanse sumar 15 novos profesionais a través dunha bolsa de emprego para interinos. Polo tanto, o Concello contará en breve con 31 novos bombeiros.

martes, 31 ago 2021

A Xunta de Goberno local aprobou o nomeamento como funcionarios de carreira a 12 bombeiros e 4 condutores de bombeiro, profesionais que xa están a traballar no servizo municipal. Ademais destes 16 efectivos, nas próximas semanas sumaranse 15 novos bombeiros, unha vez rematada a correspondente formación. Tal e como explicou o rexedor, hai unha semana o Goberno local aprobou unha bolsa de emprego de internos que permitirá contratar 12 bombeiros e 3 condutores bombeiro o que elevará a 31 o número total de novas incorporacións a este servizo municipal.

Descargar todas as imaxes