Escoitar

Vigo comeza este mércores a montaxe da iluminación do Nadal

Abel Caballero anunciou o inicio do ensamblado das luces do Nadal nas rúas de Vigo, logo de dous días de traballo previo na nave. “Iluminar 340 rúas require dun largo tempo”, explicou o alcalde, quen confía nunha situación pandémica “infinitamente mellor” á actual que permita a chegada de “millóns de persoas” a finais de ano.

martes, 3 ago 2021
Abel Caballero, este martes en rolda de prensa
Abel Caballero, este martes en rolda de prensa

“Iniciar a montaxe das luces de Vigo é un episodio planetario”, chanceou o rexedor en rolda de prensa, quen emprazou ao mércores para ver a disposición das primeiras luces do novo Nadal vigués: “A nosa referencia no Nadal é Nova York. Estamos atentos ao que faga Nova York e Nova York está atenta ao que fai Vigo”.

Explicou Caballero que a empresa Ximénez, adxudicataria do servizo, leva desde o luns traballando na iluminación na súa nave e desde este mércores estará en condicións de inicialo no exterior, neste caso na confluencia entre as rúas Urzáiz e Colón.

O alcalde manifestou a súa “confianza” en que no Nadal a situación da Covid sexa “moitisimo mellor que a actual”, pola “lóxica e o coñecemento da eficacia das vacinas”, argumentou. Así, Caballero conta “con millóns de visitantes en Vigo” para a campaña de Nadal deste ano.

Descargar todas as imaxes