Escoitar

O Concello pecha Praza de Portugal, a zona alta de Joaquín Loriga e Praza Montero Ríos para evitar aglomeracións

Nunha xuntanza coa hostalería, o alcalde agradeceu o traballo do sector e afirmou que “non son culpables da suba dos positivos por COVID-19”. Abel Caballero avanzou que haberá “moita vixilancia” a posibles reunións de persoas nas rúas para facer botellón durante a fin de semana.

venres, 9 xul 2021
O Alcalde recibe ao sector da hostalería
O Alcalde recibe ao sector da hostalería

O goberno local de Vigo acordou pechar a Praza de Portugal, a zona alta da rúa Joaquín Loriga e a Praza Montero Ríos para evitar os botellóns. Estes emprazamentos estarán acoutados o venres, sábado e domingo de 21 a 7 horas. O alcalde anunciou que haberá “moita vixilancia” durante a fin de semana co fin de evitar as aglomeracións do botellón.

Abel Caballero cifrou a IA a 14 días en 158 casos por cada 100.000 habitantes e incidiu na necesidade de cumprir as normas: “Isto é enfermidade para os positivos, contaxio para os eventuais contactos e dano ao nome da cidade e a economía”.

Nunha xuntanza coa hostalería, comunicoulles o bo facer do sector: “Queremos a sua cooperación e coordinación. A hostalería respecta as normas”, dixo. Deste xeito, apuntou que pódese facer diversión sen contaxios e sen romper as normas.

O alcalde insistiu en “non culpar á xente nova” xa que “son moi poucos, ao redor dun 4%, os que non cumpren as normas”.

Descargar todas as imaxes