Escoitar

O Concello proxecta unha nova Praza do Berbés cun miradoiro e máis espazo cidadá

A Xerencia de Urbanismo aprobará este martes o expediente para cinco inmobles e catorce parcelas co obxectivo de “refacer unha parte enteira do Berbés, da cidade, recuperando espazos deteriorados” cun proxecto que contempla tamén a ordenación de todo o espazo.

luns, 5 xul 2021
O alcalde amosa a superficie afectada no Berbés
O alcalde amosa a superficie afectada no Berbés

O alcalde explicou en rolda de prensa que o goberno municipal quere “facer un espazo cidadá, que agora non ten a Praza do Berbés”, recuperando e transformando esa contorna para a cidade. Entre outros elementos, avanzou que se habilitará unha terraza na parte máis alta, sobre a cuberta das edificacións, para facer un miradoiro desde o que poder contemplar a praza, o porto e o mar. Haberá un ascensor público, que non será visible desde a praza, pero permitirá subir á terraza, ir ata Poboadores e unir con Peñasco.

Tal e como apuntou Caballero, coa remodelación da Praza queremos “sumar ao Berbés, Peñasco e a zona de Poboadores e, a través de Barrio do Cura, facer a conexión co Paseo de Alfonso”. Trátase de “refacer a praza, recuperar espazos que se deterioraron ata límites inconcibibles” polo que é preciso volver “coser, pechar e reparar feridas do pasado que deixaron unha marca tan forte na cidade”. Citou, entre outros aspectos, o feito de que a estrada no Berbés quedara máis alta que a propia praza como un “erro inmenso”.

A Xerencia de Urbanismo dará luz verde ao comezo do expediente para adquirir cinco inmobles e catorce parcelas: rúa Peñasco, 1; rúa Poboadores 20, 22, 26, 36 e 28 e Praza Ribeira do Berbés números 25, 27, 23, 21, 19, 17, 15 e 13.

Descargar todas as imaxes