Escoitar

O Concello dispón 8 brigadas para a mellora dos máis de mil quilómetros de vías municipais

A Xunta de Goberno Local aprobou este martes a adxudicación do contrato de mantemento, acondicionamento e mellora das infraestruturas viarias do Concello por un importe de 8,4 millóns de euros.

mércores, 19 mai 2021
Abel Caballero, este mércores en rolda de prensa
Abel Caballero, este mércores en rolda de prensa

O alcalde salientou que este orzamento permitirá atender os 1.006 quilómetros de vías de titularidade municipal, que teñen que ser “vixiados, inspeccionados e mantidos de forma continua e con actuación inmediata para reparar e conservar” toda a extensión desta infraestruturas.

Con este fin, o goberno municipal desenvolve un plan de atención e reconstrución das estradas e das rúas dotado de “8 brigadas de actuación permanente, funcionando algunhas 24 horas ao día”, explicou o rexedor, o que supón dobrar os equipos actuais de atención ao mantemento das vías da cidade.

Segundo expuxo o alcalde “temos 113 millóns de euros en execución en Vigo, o que significa miles e miles e miles de empregos. Significa unha reactivación da economía da cidade por enriba de 600 millóns de euros”, o que cualifica como o “plan máis importante que se está facendo nun concello en España”.

 

Descargar todas as imaxes