Escoitar

O rexedor pide á Xunta que axilice o informe para poder avanzar no proxecto de anel verde

O Concello agarda da Xunta de Galicia un informe sobre o anteproxecto do anel verde desde outubro de 2019. Mentres tanto, o Concello non pode avanzar nesta figura de prevención da cidade deseñada logo dos incendios de 2018.

martes, 16 mar 2021

O alcalde criticou esta mañá que a Xunta recibiu o ante proxecto de anel verde do Concello en outubro de 2019 e aínda non emitiu o informe perceptivo. En declaracións aos medios, explicou que o 30 de maio de 2019, o goberno local remitiu este anteproxecto á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal de la Consellería de Medio Rural de la Xunta para recabar informe autonómico. O 15 de outubro, a Xunta pediu acreditación da dispoñibilidade dos terreos privados afectados polo trazado de anel verde. Unha semana máis tarde, o Concello contestou que, ao tratarse dun anteproxecto, podía haber cambios no trazado durante a redacción do proxecto e que, ademais, este contempla unha fase para a cesión dos bens e dereitos afectados para a execución do anel.

Tal e como explicou, o proxecto de execución incorporará, polo tanto, os documentos que acrediten a dispoñibilidade dos terreos, pero para poder contratar a redacción do proxecto, é preciso contar co informe autonómico.

Desde outubro de 2019, a Xunta non volveu pronunciarse sobre o tema e, segundo aclarou o rexedor en rolda de prensa, a Xunta informou aos medios dunha actuación de 100.0000 euros, cando o proxecto de anel verde, supera os 8 millóns de investimento.

O anel verde ten 49,6 km, cun camiño de acceso ao longo de a lo menos 5 metros de ancho; dúas bandas de xestión da biomasa: unha principal de 50 metros e dúas auxiliares a cada lado de 25 m de ancho. O trazado abrangue 4.895.812 m².