Escoitar

O alcalde apoia a campaña “Xogando aprendemos a vivir” que promove a Deputación

Abel Caballero participou este luns xunto a Carmela Silva na presentación en Vigo da campaña coa que a Deputación de Pontevedra promove a compra de xoguetes que non respondan aos estereotipos de xénero tradicionais. Os autobuses urbanos das liñas H e C3 da cidade locen desde hoxe os carteis da campaña.

luns, 7 dec 2020
p
p

O alcalde, de Vigo, Abel Caballero, participou este luns, xunto a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, na campaña de igualdade “Xogando aprendemos a vivir”. Durante o acto, celebrado na rúa Areal da cidade, ambos subiron abordo dun autobús urbano no que xa locen os carteis e xa emítese o vídeo divulgativo. "Queremos que as nenas e nenos vivan en igualdade, que sexa un valor asumido e que chegue a todos os ámbitos da sociedade", sinalou Caballero durante o seu discurso.

Esta iniciativa supón que desde hoxe dous autobuses das liñas H e 17 percorrerán tanto as zonas rurais como o centro urbano, “concienciando a todas e todos de que hai que comparar xoguetes non sexistas e non violentos”. Ademais dos vinilos nestas dúas liñas, en todos os Vitrasa que percorren a cidade estase a proxectar o vídeo-animación cunha periodicidade aproximada de tres veces á hora. A campaña tamén inclúe a pegada de carteis en establecementos de varios concellos da provincia, cuñas de radio e publicidade nos medios de comunicación offline e online.

“Compremos e regalemos igualdade”. Este foi o chamamento que a presidenta da Deputación fixo á cidadanía nunhas datas tan sinaladas, poñendo en valor o “enorme poder para educar que teñen os xogos e os xoguetes”. Para a presidenta, o feito de mercar “xoguetes diferenciados para nenas e para nenos realmente dille a unhas e a outros que teñen distintas posibilidades de ter presenza no mundo, e iso é absolutamente falso. Os xogos que temos de pequenas e pequenos condicionan ás mulleres e aos homes que seremos no futuro”.

Pola súa banda, o alcalde Abel Caballero centrou a súa intervención na “necesidade de que a igualdade chegue a todos os polos da sociedade e que todos os nenos e nenas vivan dende pequenos nela”. Para o alcalde vigués a igualdade debe ser un “valor asumido que forme parte da cultura” e que os cativos e cativas poidan vivila “de forma habitual no mundo do deporte, a cultura ou a universidade”.

Descargar todas as imaxes