Escoitar

O alcalde confirma ao Goberno portugués o apoio do Executivo de España á saída sur

O rexedor e o ministro portugués de Infraestruturas pasaron revista esta mañá á situación na que se atopan os proxectos de mobilidade que comparten os dous territorios. Entre outros asuntos, Caballero trasladoulle a Pedro Nuno de Oliveira que o Goberno de España está xa a elaborar o estudo funcional para a saída sur en túnel desde Vigo o que permitirá unir a cidade con Porto e Lisboa en alta velocidade.

mércores, 2 dec 2020
Momento da reunión co ministro portugués
Momento da reunión co ministro portugués

O rexedor trasladou hoxe ao ministro portugués de Infraestruturas, Pedro Nuno de Oliveira Santos, que o Goberno de España xa está elaborando o estudo funcional para a saída sur en túnel desde Vigo o que suporá a conexión en alta velocidade de Lisboa- Porto-Vigo, “unha incorporación de gran importancia para a cidade e para toda Galicia”. Logo de afear a falta de implicación da Xunta neste proxecto, subliñou que nesta ocasión “contamos co Goberno de España”. En declaracións aos medios xusto antes da reunión, Caballero agradeceu o encontro ao responsable político portugués dada a transcendencia dos temas a tratar.

 

Descargar todas as imaxes