Escoitar

Vigo avala a seguridade e desinfección dos parques con equipos motorizados

Abel Caballero pasou revista este luns aos equipos de seguridade e desinfección que traballan xa desde o pasado mes de xuño no control do aforo e hixiene dos parques infantís, biosaudables e pistas deportivas de Vigo. O Concello de Vigo destina case 360.000 euros a estes traballos durante tres meses para cumprir a normativa do Covid-19.

luns, 6 xul 2020
O alcalde, durante a visita.
O alcalde, durante a visita.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este luns o parque infantil da rúa Venezuela aos equipos de seguridade e desinfección contratados para cumprir as medidas nos parques da cidade pola pandemia do Covid-19. Así, segundo indicou en rolda de prensa, o Concello destina un total de 356.776 euros aos protocolos para manter abertos os parques infantís, os biosaudables e as pitas deportivas durante a presente crise sanitaria.

“Actúan de forma soberbia para garantir a saúde da cidade, desinfectan todos os días e o custe anual sería de 1,5 millóns de euros”, apuntou o rexedor. Segundo explicou, o contrato para a colocación de cartelería ten un custe de 34.500 euros e aporta toda a información sobre as medidas que se deben respectar nos parques.

Ademais, o Concello contratou a desinfección en parques, biosaludables e pistas por 198.250 euros, con produtos viricidas en oito rutas diarias, e por último, o contrato de control de aforo, por importe de 123.000 euros, con sete equipos motorizados.

O alcalde, durante a visita.
O alcalde, durante a visita.
O alcalde, durante a visita.
O alcalde, durante a visita.
Descargar todas as imaxes