Escoitar

O goberno local peonalizará 70 rúas os domingos e festivos para ampliar o espazo cidadá

“Precisamos máis espazo social” apunta o rexedor que informou de que o goberno municipal está traballando na planificación de zonas peonís tamén nos días laborables. O tráfico rodado quedará restrinxido entre as 8 da mañá e as 23 horas da noite

mércores, 6 mai 2020
Rolda de prensa do alcalde
Rolda de prensa do alcalde

Abel Caballero avanzou que este domingo a cidade converterase nun “gran espazo social” para pasear coa ampliación do número de rúas peonís, dado que a experiencia da pasada fin de semana “foi francamente boa; saudouna todo o mundo con agrado pero constatamos que se precisa máis espazo social”.

O goberno municipal peonalizará 70 rúas os domingos e festivos para favorecer o esparexemento cidadá, restrinxindo o tráfico rodado entre as 8:00 horas da mañá e as 23:00 horas da noite. Caballero lembrou que malia as restricións do tráfico, os vehículos poderán acceder aos domicilios así como o transporte urbano, respectando sempre o límite de 10 quilómetros hora nas zonas peonís. Amais, sinalou que o Concello traballa nunha planificación de zonas limitadas ao tráfico tamén para os días laborais porque “se precisa”, nalgunhas zonas serán tramos de calzada e noutras rúas enteiras.

As rúas peonalizadas quedan, por zonas, como segue. En Bouzas incorpórase Johan Carballeira a Pescadores, Paulino Freire, Alfredo Brañas e Tomás Alonso, desde Simancas a Pescadores.

Na zona de Coia, que é nova, será peonís Nigrán, O Grove, Avenida de Castelao (dous carrís de circulación sentido Samil entre A Estrada e Tomás Paredes), Marín entre Castelao e Vilagarcía de Arousa. En Navia establécese tamén unha zona para peóns en Poza Cabalo, Lamelas, Pedra Seixa, Limpiño (entre Teixugueiras e Pedra Seixa) e Ufas.

Na Zona Balaídos/Castrelos, ademais da Avenida Balaídos, súmanse Caleira, Pablo Iglesias e Olímpicos. En Povisa/Travesas, amais de Regueiro (entre Barcelona e Gran Vía) e Zamora, incorpórase López Mora (entre Pintor Lugrís e Camelias), Hispanidade (entre Camelias e Pintor Colmeiro). Na contorna de Torrecedeira: Pi y Margall, Marqués de Valterra, Jacinto Benavente, Instituto Oceanográfico e Juan Ramón Jiménez serán zonas peonís.

No centro: Policarpo Sanz, Velázquez Moreno, Reconquista, Marqués de Valadares, Carral, Victoria, García Olloqui, Alameda, Concepción Arenal, Montero Ríos (paso de bus urbano cara ao centro por Carral, Marqués de Valladares). Colón (entre Areal e Marqués de Valadares), Areal (entre Canceleiro e Colón), Inés Pérez de Ceta, Pontevedra, Rosalía de Castro (entre Inés Pérez de Ceta e Pontevedra).

Na Zona de Casablanca serán novos espazos peonís Venezuela (entre Gran Vía e Vázquez Varela), México (entre Bolivia e Paraguay) e Ecuador.

Na contorna do Castro, unha zona nova: Marqués de Alcedo, Travesía Marqués de Alcedo, Couto (desde Fernando Couto), Subida O castro, Paseo dos Cedros, Manuel Olivé (ata Ramón y Cajal), Nicaragua (entre Taboada Leal e Praza Elíptica).

No Calvario serán peonís Vía Norte (desde Párroco José Otero), Escultor Gregorio Fernández, Aragón (sentido Travesía de Vigo), Cronista José Espinosa amais de Praza Fernando Católico, Santo Domingo e Condesa Casa Bárcena. Na zona da estación de autobuses, á rúa Xílgaro súmanse Estorniño e Gregorio Espino (entre Aguia e Jenaro de la Fuente). En Teis, incorpórase ao espazo peonil Doña Fermina amais de Purificación Saavedra, Pedro Alvarado (entre Enrique Lorenzo e Maceiras) e Santander. En Barreiro, unha zona nova, quedan cortadas á circulación Urania Mella Serrano, Margarita Bilbatúa Zulbeldia e Severino Cobas.

 

 

Descargar todas as imaxes