Escoitar

O alcalde anima a sumarse á carreira virtual da Asociación Española contra o Cancro

Na web da AECC, os interesados poden apoiar aos enfermos oncolóxicos e tamén aos afectados polo coronavirus adquirindo un dorsal desde cinco euros. A proba conclúe este mércores e os participantes poden subir as súas imaxes correndo -na casa ou nos horarios establecidos- coa etiqueta #LaCarreraMásLarga

martes, 5 mai 2020

Abel Caballero invitou á cidadanía a apoiar á Asociación Española contra o Cancro na súa carreira “En marcha”, que este ano é virtual e finaliza este mércores, 6 de maio.

Na páxina web da AECC é posible mercar o teu dorsal cun donativo desde cinco euros, achegas que permitirán á entidade seguir apoiando aos enfermos de cancro e tamén aos afectados polo Covid-19.

Desde a casa ou aproveitando as franxas horarias de saída, a proba se celebra de forma virtual a través das redes sociais polo que os corredores poden subir as súas imaxes coa etiqueta #LaCarreraMásLarga. Ata o momento xa se uniron á cita máis de 23.000 persoas.