O Concello de Vigo pagou en só nove días facturas a provedores por valor de 25 millóns
Vigo sitúase unha vez máis como a cidade española que antes abona as súas facturas, cun prazo que en decembro foi de nove días, cando a media das corporacións locais é de 66 días. Os datos, ofrecidos polo goberno de Vigo no pleno deste mércores, indican que o Concello efectuou pagos por valor de 25 millóns no mes de decembro e en todo o ano pasado o importe foi superior aos 158 millóns.
O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, deu conta este mércores ante a Corporación do informe sobre o cumprimento dos prazos de pago aos provedores correspondente ao último trimestre do ano, que revalidan a "liderado" do Concello de Vigo entre as cidades de Galicia e de España.
Aneiros expuxo que o Concello tramitou no ano 2019 pagos por importe superior aos 158 millóns de euros, abonados "en tempo e forma", facendo posible evitar "tensións de tesourería" ás empresas que traballan para a administración local. O edil argumentou que o dato de Vigo revela a "solvencia" do Concello, posto que os provedores cobran as súas facturas "nunha semana".
No mes de decembro, o Concello de Vigo pagou as súas obrigas nun prazo medio de nove días desde que a factura entra no rexistro telemático municipal, mentres que a media das corporacións locais ascende a 66 días. Con datos de novembro, os últimos comparables, segundo indicou Aneiros, Barcelona pagou en 13 días polos 24 de Madrid e e os 33 de Valencia. En Galicia, A Coruña abona en 39 días, Santiago en 51 e Ourense en 60 días.
Tanto o nacionalista Xabier Igrexas, do grupo non adscrito, como o edil de Marea, Rubén Pérez, recoñeceron os bos datos do goberno local, pero o concelleiro do grupo mixto criticou o gasto levado a cabo no Nadal. Pola súa banda, o "popular" Alfonso Marnotes tamén admitiu os indicadores de boa xestión, aínda que sinalou a baixa execución do orzamento como "o verdadeiro problema".